The Wild Race 2021

Queremos demostrar como o movemento pode ser un elemento inclusivo do ser humano e da natureza, aproveitando os recursos que nos porporciona o medio natural, e que supoña un auténtico reto para os atletas.

the_wild_race_2021

THE WILD RACE é máis ca unha OCR, é unha carreira de obstáculos que se celebrará en Vigo, no Parque Forestal de San Miguel de Oia, e incluirá elementos adaptados doutras disciplinas como CrossTraining, Strongman ou PaleoTraining que farán a competición máis completa e espectacular.

A nova edición de The Wild Race aumentará o percorrido a 8 km e contará con máis de 35 obstáculos e desafíos naturais.

Esta proba dividirase en dúas modalidades. Unha individual onde o atleta afrontará os diferentes obstáculos en solitario e onde os corredores poderán escoller entre categoría Elite ou Popular. Outro xeito de participar será a modalidade Wolf por equipos onde a estratexia e a colaboración dos seus integrantes será decisiva no resultado final.

más entrenamientos

sigue explorando

MC 22.1 – C2 REALIZACIÓN – SEMANA 13

FUERZA DIA 1 VELOCIDAD-FUERZA Cada 2:00, durante 8:00 3 Power clean & Jerk @aumentando carga Descansar 3:00 Cada 1:00, durante 16:00, alternar entre: a) 4